O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl,
do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS. SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET. UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
O cabaliño de mar é o único animal que o macho queda embarazado?,o sexa ,que ten os seus bebés na barriga.Pois isto díxonoslo a profe Maricruz e como sabemos moitas cousas sobre o mar,querémolo compartir convosco.
Se queredes saber cómo é posible isto,podedes visitar o seguinte enlace:
Neste vídeo podedes observar como nacen bebés, cabaliños de mar, da barriga do seu papá.
A nós gústanos moito cantar...
UN CABALIÑO, NADANDO POLO MAR.
A SÚA NAI DICÍA QUE ERA PERIGOSO,
PERO A MÍN GÚSTAME MÁIS
NADAR NA PISCINA
PORQUE NO MAR HAI TABEIRÓNS
QUE CHE PODEN FACER...
ÑAM,ÑA,ÑAM,ÑA,ÑAM,
NO CU.
ÑAM,ÑA,ÑAM,ÑA,ÑAM,
NO CU.
UN GOLFIÑO,NADANDO POLO MAR...
viernes, 19 de noviembre de 2010
Parece ser que o noso porteiro vixiante vai marchar e se poderán escomenzar as obras,pero é que non é só iso senon que o concello non tiña ningunha información da Xunta de Galicia sobre o comezo das obras.Non entendemos ós maiores,co fácil que é falr as cousas e chegar a acordos como facemos os rapaces e rapazas...
Danos magoa que o noso antigo cole esté baleiro...
pero seguro que o noso novo cole será millor.
Nós estamos pouco informados e ás veces non entemos as cousas que pasan ó noso redor pero a que sí sabe moito e a profe Ángela.Se queredes saber os detalles sobre o noso cole novo podedes visitar o blog dela que éhttp://pintatic.blogspot.com/
Como tódolos anos,no Nadal,agasaiamos ás familias cun calendario feito por nós.
Á nosa clase tocoulle o mes de xuño,que tamén se chama "San Xoán".
Como neste curso o tema central é... "Pasado,presente e futuro do C.Rocío",nós escollimos as materias que se impartían antes e agora nas escolas públicas dende a época da II República ata os nosos días. Só teremos ún por familia pois costa moito diñeiro imprimilo e ademais en cor.Como podedes observar saímos todos e todas,incluso todos /as os profes que tanto traballo pasan connosco .Seguro que,como sempre,vos vai encantar.
Parece que van facernos caso.É triste que teñamos que chegar a este punto. Por qué non se escoitou ós profesores nin se fixo caso das peticións xustas destes ,para poder desempeñar as súas función en condicións óptimas ?Como sempre, a política é a que manda e si se movilizan as nosas familias alármanse ,non porque lles importen ós rapaces e rapazas do "Virxen do Rocío", senon polas furnas que se aveciñan.
EDUCACIÓNLas obras en el colegio Virxe do Rocío podrán arrancar la semana próxima
El Concello ha comunicado hoy a la Anpa que ya hay un acuerdo para el desalojo de la vivienda del conserje.
Queda moi pouco tempo para o esperado nadal,con Papá Noël,as súas maxestades os Reis Magos de Oriente,O Apalpador,os doces e demais comidas típicas do nadal,as árbores adornadas,as luces nas ruas,as panxoliñas...
Será millor que vaiamos recordando a nosa canción favorita de "RODOLFO ,O RENO" e a nosa páxina de internet favorita que nos poñe en contacto con Papá Noël:
Nós con Papá Noël, na vella escola, o nadal pasado.
Dende a páxina de northpole,que é a páxina web de Papá Noël,podemos xogar,facer actividades educativas,escribirlle a carta,ver a súa casa por dentro,bailar con él...
O esqueleto forma parte do noso corpo e non debemos terlle medo pois grazas a el non somos bonecos de trapo.No Samaín os esqueletos son representacións moi importantes.Nós fixemos o noso esqueleto e aprendimos o nome dalgúns ósos.
Os celtas poñían as caveiras ,cunha candea dentro,nos muros das entradas das súas casas e poboados para alonxar aos seus inimigos.Tamén celébrase,no Samaín ,o aninovo celta.
Degustación dos froitos das cestas.Cada día adícase a un tipo de froita.
Decoración da nosa aula.
Exposición das cestas e dos nosos cabazos.
Que medo!As nosas cabazas iluminadas para defendernos dos malos espritos.
Obradoiro das meigas boas.
Cestas que fan as familias con froitos secos e carnosos, e outros materiais típicos do outono.
O Samaín,na nosa aula, celébrase dun xeito moi especial.Sabemos perfectamente o significado destas festas e a súa orixe.O que facian os noso ancestros esqueceuse por décadas pero nós retomámolo ,rexeitando americanismos que son copias baratas da nosa cultura.Facemos moitas actividades,unhas na nosa aula,outras co resto da escola e outras coa comunidade educativa ó completo,facendo partícipes da festa ás nosas familias.No seguinte enlace podedes atopar cantidade de cousas do Samaín:xogos,cancións,películas,cousas para colorear.
Se nos metemos nel aprenderémolles moitas cousas ás nosas familias,pois a pesares de formar parte da nosa cultura,aínda é unha festa descoñecida para moitos.
Mañá martes,16 de Novembro,algunhas das nosas familias irán connosco,nenos e nenas do Cole Rocío, ás dependencias do Concello de Vigo,como medida de protesta e presión polo mitetismo do noso Axuntamento ante o retraso das obras no noso Cole.A xuntanza das familias será ás 9.30h.Esperamos que nos fagan un pouquiño de caso e se chegue a unha solución moi pronto.
O venres ,12 de novembro, fixemos o MAGOSTO na nosa escola.Nós,como sempre,fixemos o noso distintivo de Pupo,que é o noso verme favorito,e confeccionamos uns cornetes para as castañas.
Cada neno/a truxo unhas poucas de castañas e pico,piñas,carozos... ...para facer a fogueira e as brasas que preparan algúns pais e profes.
A mañá estivo chea de actividades conxuntas cos outros nenos/as da escola e coas familias que coa súa colaboración fixeron ,deste magosto, un día especial para disfrutar e compartir.
Obradoiros de pais e profesoras para picar castañas,xogos como o tragacastañas,obradoiro de debuxo con xices de cores,obradoiro do conto de "O Apalpador" e degustacíón das castañas asadas.
Nós pasámolo estupendamente e Sara fixo de reporteira,como a nosa amiga Pecky ,e fixo un montón de fotos.
Mati e o papá de Nicolás asando as castañas.
Todos/as facendo o noso debuxo nun dos obradoiros.
O xogo do Tragacastañas.Gañaron o xogo Sara e Adrián.
O venres,12 de novembro,toda a comunidade educativa xuntou as súas forzas para manifestar, na rúa e na escola,o seu descontento pola paralización das obras do novo colexio.A prensa fixo acto de presencia e incluso as cámaras de "España directo",facendo eco do noso descontento.Esperemos que pronto se resolva a nosa situación.Se queredes másis información podedes acceder ós periódicos dixitais,Faro de Vigo,La Voz de Galicia e Atlántico diario.http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/11/11/00031289478147743341980.htm