O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

PRONTO...OS NOSOS TRABALLOS DE PRIMAVERA.


lunes, 30 de abril de 2012

FESTA DOS MAIOS NO "COLE ROCÍO".

Hoxe celebramos a festa dos maios na nosa escola.Como onte fixo un día estupendo,as familias truoxeron moitísimo material para facelo.
Unha das clases que máis cousas trouxeron foi a nosa,a dos ne nos/as de
 5 anos.
Perecho tamén nos deixou moitas cousas na clase,enriba das mesas.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:Confección de grinaldas nas aulas.
-De 111:30h a 12:00h:Recreo.
-De 12h a 12:30h:Montaxe do maio.
-De 12:30h a 13:50h:Procesión,cantigas do Maio,baile das fitas e festa rachada.
Á nosa aula tocoulle a confección de grinaldas de pampillos ou margaridas laranxas.
Estivemos moi atarefados,pero quedaron preciosas.
Mirade como traballamos.
E agora,a confección do nos Maio,as cantigas ,o baile das fitas
 e a procesión.
Este ano,a pesares de que non poidemos decorar o maio no patio por mor do mal tempo,si que poidemos facer a procesión fora xa que saíu un crariño e aproveitamos para continuar,a nosa festa, ó air libre.
Pasámolo fenomenal!
Estamos a recuper unha vella tradición nosa que quedou esquecida por algún tempo.
NON SABEMOS NADA DA FESTA DOS MAIOS  DA ASOCIACIÓN VECIÑAL"CASCO  VELLO" DE VIGO ,PERO O QUE SI SABEMOS E QUE ESTA FIN DE SEMANA ESCOMEZAN  AS "FESTA DA XUVENTUDE" EN BALAIDOS.
VAN DURAR UN MONTÓN DE DÍAS.
SE QUEREDES MIRAR O PROGRAMA DAS FESTAS,FOTOS...,PREMEDE NO CARTEL.
ESTA É OUTRA DAS FESTAS POPULARES ESQUECIDAS DE VIGO QUE SE ESTÁN A RECUPERAR.
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLO MATERIAL PARA O NOSO MAIO.
SABEDES QUE SEN A VOSA COLABORACIÓN NON PODERÍAN MATERIALIZARSE
NIN A MITADE DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NA NOSA ESCOLA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.