O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 3 de abril de 2012

OS NOSOS TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA.

NOS CURSOS ANTERIORES APRENDIMOS O QUE ERA UNHA PRANTA,AS SÚAS PARTES,FUNCIÓNS...,FIXEMOS UNHA PRANTACIÓN DE LENTELLAS,MEDIMOS O SEU CREMENTO,E MOITAS COUSAS MÁIS.NESTE CURSO QUIXEMOS CENTRARNOS NA POLINIZACIÓN,OS INSECTOS QUE INTERVEÑEN,A REPRODUCCIÓN E O PASO DA FLOR Ó FROITO.
PARA OS RAPACES FOI APASIOANTE DESCUBRIR QUE UNHA FROITA FOI PRIMEIRO UNHA FLOR.
COMO XA NON TEMOS A NOSA PRECIOSA AMEXEIRA DO PATIO,PORQUE AS OBRAS DO COLE NOVO REMATARON COA SÚA VIDA...NON PODEMOS MIRAR A MIRAGRE, EN DIRECTO, COMO NOUTROS ANOS.ASÍ QUE ,A TRAVÉS DE VÍDEOS ,APRENDIMOS O PROCESO.APRENDIMOS A GRAN IMPORTANCIA DOS INSECTOS COMO A ABELLA,A BOLBORETA E AS MOSCAS NO PROCESO DE POLINIZACIÓN.
COA NOSA AMIGA,A "ABELLA MAYA", APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA.
SE QUEREDES MIRAR O CAPÍTULO FAVORITO DOS VOSOS FILLOS/AS,PREMEDE NA FOTO DE MAYA.
FIXEMOS TAMÉN ALGÚNS TRABALLIÑOS PLÁSTICOS,TANTO DE XEITO  INDIVIDUAL COMO COLECTIVOS NA NOSA AULA E NA AULA TIC.
MIRADE QUE CHULOS!.

AS DEGOSTACIÓNS DE FROITOS COMO FRESAS,LARANXAS E MANDARINAS CASEIRAS,TRAIDAS DUNHA FINCA QUE ESTÁ EN ARBO,O CARÓN DO RÍO MIÑO,E QUE NON LEVAN NINGÚN TIPO DE SUBSTANCIAS QUÍMICAS,FOI UNHA DAS EXPERIENCIS MÁIS DOCES DESTA PRIMAVERA.

TAMÉN,COMO XA SOMOS MAIORES,COLABORAMOS NO HORTO ESCOLAR DOS DE ED. PRIMARIA,PRANTANDO CALABACÍNS,LEITUGAS DAS NORMAIS E DAS RIZADAS MORADAS.HOUBO UNHA PEQUENA PRANTA PARA CADA UN DE NÓS.
PASÁMOLO FENOMENAL,SOBRETODO CANDO REGÁMOLAS,POIS QUERÍAMOS MOLLAR Á PROFE MARICRUZ,COA MANGUEIRA,PERO COMO ESTABA LONXE FACENDO AS FOTOS,NON POIDEMOS DUCHARLA,JI,JI...,RÍMONOS MOITÍSIMO.
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POLA SÚA AXUDA NESTA FERMOSÍSIMA EXPERIENCIA.
MIRADE COMO O FIXEMOS.

DURANTE ESTAS VACACIÓNS,PODEDES FACER UN CURIOSO EXPERIMENTO,COS VOSOS FILLOS/AS,NA CASA.NÓS XA O FIXEMOS CON CARAVEIS BRANCOS CANDO ESTÁBAMOS  EN TRES ANOS,E PUXÉMOLOS DE COR AZUL.
NÓS NON UTILIZAMOS ACUARELAS,SENON PIGMENTOS ALIMENTARIOS QUE SE VENDEN NAS HERBORISTERIAS,E SON INOCUOS,TANTO PARA AS PRANTAS COMO PARA OS NENOS/AS.
GOZADE DESTAS VACACIÓNS PERO...COIDADO CO SOL,QUE É UN POUCO TRAICIONEIRO NESTA ÉPOCA,CO PÓLEN OS ALÉRXICOS E A VER SE CHOVE UN POUQUIÑO POLO NOSO BEN E O DAS PRANTAS.
A AUGA É SUPERIMPORTANTE PARA TÓDOLOS SERES VIVOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.