Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 2 de septiembre de 2015

CONSELLOS PARA QUITAR O CUEIRO E AS NOSAS VACACIÓNS DE VERÁN DOS NOSOS SEGUIDORES.

A RA KANDOO,QUE COÑECEDES DA TELE,QUERE AXUDARVOS A PRACTICAR  ESTE VERÁN,CO SEU BAILE,UN POUQUIÑO DE PSICOMOTRICIDADE.
TAMÉN QUERE XOGAR UN POUQUIÑO CONVOSCO A XOGOS EDUCATIVOS QUE HAI NA SÚA PÁXINA WEB.
SEGURO QUE O PASAREDES,CON ELA,XENIAL.
PARA PODER XOGAR CON ELA TEDES QUE PREMER NA FOTO DA RÁ.

PARA BAILAR COMO TOLOS,NA PRAIA,NA ALDEA,NA MONTAÑA,NA CASA...AQUÍ TEDES O SEU VÍDEOCLIP,  "O KANDUBIDU".

TEDES QUE FACERLLE MOITO CASO PORQUE É MOI BOA .POR ISO É AMIGA MIÑA E DE PERECHO,A MASCOTA DA NOSA AULA.



E AGORA,UNS CONSELLIÑOS PARA AS NOVAS FAMILIAS QUE VAN TER OS SEUS FILLOS/AS COA PROFE MARICRUZ,SOBRE O CONTROL DE ESFÍNTERES.
ESPERO QUE VOS SEXA DE UTILIDADE.

O verán é a época ideal para que os nenos e nenas deixen o cueiro. Para axudarlles a dar ese paso, Dodot lanzou o Kampeoonato Kandoo, unha simpática ferramenta que lles axuda a prepararse en tres disciplinas: limparse o cuiño, cepillarse os dentes e lavarse as mans.
A maioría dos pais elixen o verán para quitar o cueiro aos seus fillos. Antes de empezar o curso que vén o “cole dos maiores” os nenos teñen que controlar esfínteres.Iso si, recorda que cada neno leva o seu propio proceso. 
O Kampeoonato Kandoo que puxo en marcha Dodot pode ser unha boa ferramenta para axudar aos peques a deixar o cueiro e adquirir os seus primeiros hábitos de hixiene. Dá consellos aos pais, inclúe instrucións para os nenos ,paso a paso, protagonizadas pola raniña de Kandoo e ofrece persoais divertidos para descargarse da web. 
Os 10 consellos para pais que queren axudar ao seu fillo a deixar o cueiro
1) Non poñas obstáculos á súa curiosidade e gañas de aprender. 

2) Explica ao teu fillo/a,que ten que limparse tantas veces como sexa preciso.

3) As instrucións teñen que ser moi sinxelas ao principio e ilas complicando aos poucos.

4) Converte a aprendizaxe nun xogo no que o teu fillo/a será o experto. Por exemplo, dille que faga de pai e que ensine a ir ao baño soiño á súa boneca ou ao seu peluche preferido.

5) Elixe pezas que sexan fáciles de abrochar e desabrochar, por exemplo, pantalón e saia de goma elástica.

6) Supervísao cando practique e, no caso de que sexa necesario, corríxelle con bromas.

7) Se o neno non o consegue á primeira, non fagas diso algo traumático e volve tentalo.

8) Felicita ao teu fillo polo esforzo realizado.

9) Ofrécelle oportunidades para que poida tomar decisións.

10) Incúlcalle hábitos de hixiene: limparse soiño, lavarse as mans e cepillarse os dentes.

Controlar esfínterés non é algo que o neno aprenda.
 É unha conquista natural que se alcanza aos poucos e cando o noso fillo estea preparado.
O verán, a mellor época para deixar o cueiro.
-Toman máis líquidos e máis alimentos ricos en fibra, o que propicia que aumente o número de veces que os nenos teñen que ir ao baño.
-As altas temperaturas tamén poden ser boas aliadas: se hai algún escape, resulta máis fácil cambiarlles porque levan pouca roupa.
-Temos máis tempo libre para observarlles e axudarlles.
Trucos para unha "despedida" rápida do cueiro.
-Mercar un orinal  ou un adaptador de inidoro,de atractivas cores ou debuxos que lle guste e chame a súa atención.
-O neno ten que relaxarse no baño. Algúns nenos veno como un lugar frío, onde sempre hai que obedecer. Convén que tamén pasen momentos divertidísimos nel, como os xogos á hora do baño.
-No caso dos nenos, procura que fagan pis sentados en lugar de facelo de pé. Así é máis fácil que se relaxen e poden aproveitar para facer o pis e a caca ao mesmo tempo.
-Aproveita o momento de cambiar o cueiro sucio para ensinarlle onde debe facelo a próxima vez. Pedímoslle que nos acompañe ao lixo e que tire,él mesmo,o seu cueiro.
O segredo do éxito neste proceso radica na paciencia. Non debes imporllo. El decide cando deixar o cueiro e obrigarlle non serve de nada.
Moitas consultas dos pais teñen que ver co control dos esfínteres: os seus atrasos, as súas complicacións, os seus retrocesos, as súas dificultades... Eu aconsello, case sempre o mesmo: paciencia, tranquilidade, tolerancia, non apresurarse, non presionar, evitar a tensión, tempo ao 
tempo... Sobre todo, paciencia.

Cal é o mellor momento para empezar?
-Cando comeza a ter noción do tempo, é dicir, a distinguir entre "agora e
«despois". Así poderá avisar a tempo cando queira ir ao baño.
-Cando empeza a nomear os seus excrementos como "pis" e "caca".
-Se mostra incomodidade cando está mollado, moléstalle o cueiro, quere quitarllo ou nos avisa para que lle cambiemos.
Como principiar
Podemos comezar preguntándolle: "Queres que che quitemos os cueiros e facer pis e caca no orinal, agora que xa es máis grande?".

O de "grande", se llo dicimos, debe soar a estímulo, non a chantaxe. Se contesta que si, estupendo!. Se se nega, é mellor deixalo para máis adiante. 
Por que tantas precaucións? A esta idade o neno empeza a afirmarse como persoa, e faio a miúdo a través do "non quero". Por iso convén buscar, para empezar este adestramento, os momentos nos que o noso fillo estea de bo humor e en boa sintonía connosco.
Non convén mostrar un interese excesivo na retirada do cueiro. O neno, que depende para todo dos maiores, sente que este é un dos poucos terreos en que pode facer a súa santa vontade. O seu corpo é seu e o baleira cando quere. Se non está de boa gana connosco, a ocasión é magnífica para levarnos a contraria en algo que el controla e que, polo visto, interésanos tanto.
Os temidos escapes
-Pode ocorrer que o noso fillo dea o seu consentimento pero siga tendo "escapes". É o máis normal e non hai que contrariarse, rifarlle nin ridiculizarle. É máis, se eses escapes son continuos, podémoslle volver pór os cueiros unha tempada.
-Hai nenos que pasan por unha etapa na que, sen controlar aínda do todo, néganse a porse cueiro para saír á rúa, porque senten maiores. Fará falta paciencia e diplomacia, e se cadra hai que restrinxir as saídas uns días.
-Non queren o orinal, vanse a un recuncho... Algúns pais ven posta a proba a súa paciencia cando o seu fillo dá por liquidado o cueiro pero aínda non tolera o orinal nin o inodoro. Ás veces, hai que deixarlle que de xeito sinxelo llo faga encima. De verdade que o pobre non ten outra saída.

Son días difíciles para eles, pero serán breves se rodeamos de amor ao noso fillo/a e sabemos transmitirlle o noso agarimo incondicional.
Esta canción gustaralles moitísimo e da bos resultados. 
Axudaravos!

E AGORA,IMOS MOSTRARVOS ALGUNHAS FOTOS QUE FORON ENVIADAS POLOS NOSOS SEGUIDORES. 
O VERÁN DE MARTA. 
MARTA  FOI,ESTE VERÁN,COA SÚA FAMILIA,A ALACANTE E PASOU POR UNHA DAS CIDADES ROMANAS MÁIS IMPORTANTES DE ESPAÑA,SEGOVIA.LEMBROUSE DE TÓDOLO APRENDIDO COA PROFE MARICRUZ,SOBRE OS ROMANOS E QUEDOU ABRAIADA ANTE O IMPOÑENTE  ACUEDUCTO.
MANDOU,DENDE ALÍ,UN SAÚDO PARA TOD@S.
QUE GUAPAAA!
 QUE SORTE,MARTA!

TAMÉN ENVIOUNOS UNHA CARTA E UNHA FOTO, 
ANTÍA.
Ola profe!!! Que tal o verán? Xa quedan poucos días para voltar ao cole. 
Estouno desexando!! Teño moita ilusión por estrear tantooo libro novo.
  Envíote unha foto das miñas derradeiras mergulladuras do verán.
Un bico, Antía.

 Perecho dí que é Samíl,eu coido que tamén.
Grazas polas vosas fotos.
Temos moitas gañas de estar convosco de novo.
PERECHO E MARICRUZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.