O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl,
do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS. SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET. UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
AS XERACIÓNS DE NEN@S QUE FORON ALUMN@S DA PROFE MARICRUZ XA SABEN UNHA LENDA MARAVILLOSA ,DE AMOR,QUE SE DESENVOLVEU EN BOUZAS:"O CABALEIRO DAS CUNCHAS",POLA SÚA BELEZA ,CONTIDO HISTÓRICO E ORIXE DA CUNCHA XACOBEA.
OS NEN@S DE 3 ANOS NON ÍAN SER MENOS E TRABALLÁMOLA DENTRO DO NOSO "PROXECTO BOUZAS".
PODEDES PREGUNTAR AOS VOSOS PEQUENOS POR ELA.XA A COÑECEN MOI BEN.
SE ALGÚN DE VÓS NON ,EIQUÍ A TEDES.
ESTÁ EN CASTELÁ,PORQUE ASÍ É COMO CHEGOU ATA NÓS.TÉDELA TRADUCIDA AO GALEGO NA CIRCULAR ENVIADA ÁS VOSAS CASAS.
CABALEIRO FEITO POLOS RAPACES DE PRIMARIA.O MAR FOI COLOCADO POLOS NOSOS RAPACES DE 3 ANOS E AS CUNCHAS FORON REALIZADAS POLA FAMILIAS.GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
O CABALEIRO DAS CUNCHAS.
Cuenta
una vieja leyenda que:
Cuando
traían a Galicia el Cuerpo del Apóstol Santiago…pasado Portugal, ya en las
costas de Galicia, en un lugar llamado Bouzas que está enfrente de las Islas de
Baiona ,se celebraba una boda entre una hermosa dama y un gentilhombre. Jóvenes
y de muy importantes y señaladas familias.
La
familia del novio procedía de Amaia, en el Reino de Galicia. Era hijo de la Reina Claudia Lupa,
hija de Cayo Julio César y de su primera mujer Cornelia a la cual dejó en
España en su segunda venida.
Su
padre era Lobo Lobesio, Señor del castillo Lupario junto a Padrón, y al cual el
Emperador Augusto hizo Régulo de Galicia.
El
hijo de ambos Lobesio Rivano estaba celebrando sus bodas con Caya Valeria, hija
de Caya Lobia y de Puctonio Marcelo en el hermoso lugar llamado Bouzas,
situado en mitad de la Ría
de Vigo, justo enfrente de las Islas Baiona, que fue el lugar elegido para
celebrar la boda.
Uno de
los entretenimientos de la boda, además de música, danzas y justas era competir
a diversos juegos como “ abofardar”, juego en el que los señores, montados a
caballo, lanzaban al aire sus cañas, bofardas o lanzas, teniendo que recogerlas
al galope de sus caballos antes de que cayesen al suelo.
Cuando
llegó el turno del novio, éste lanzó su bofarda y, mientras esperaba su caída,
observó cómo el viento desviaba súbitamente su trayectoria dirigiéndola
hacia la Ría. El
Caballero azuzó su caballo para no perder la lanza en el mar y, en su
desesperado intento, lo que consiguió finalmente fue hundirse en el agua con su
caballo y desaparecer.
A
medida que el tiempo transcurría y la desesperación de todos aumentaba, vieron
acercarse una barca luminosa que se dirigía hacia el punto donde había
desaparecido el novio y su caballo.
Cuando
ya todos lo daban por muerto, ¡ sucedió el gran milagro !.
Al
paso de la barca luminosa, el Caballero emergió milagrosamente de las aguas con
sus ropas y caballo cubiertos de Conchas de Vieira.
Atónito
y confundido por los hechos ocurridos, el Caballero dirigió su mirada hacia los
tripulantes de la nave quienes, emocionados, alzaron sus ojos al cielo
exclamando:
“-Verdaderamente quiere Jesucristo manifestar
su poder delante de ti y de aquellos que están en esta tierra, para bien y
honra de éste, su vasallo, que llevamos en esta nave para darle cristiano
enterramiento. Nuestro señor Jesucristo quiso mostrar a través de ti, a los
presentes y a los futuros,que quien a
éste su vasallo quieran amar y servir, deberán visitarlo allí donde fuese
enterrado llevando conchas como esas de las que tú estás cubierto, como sello
de privilegio. Él, a cambio, les ofrecerá que el Día del Juicio Final sean
reconocidos por Dios como vasallos suyos, y por la honra que le hicieron a su
vasallo y amigo Santiago al visitarlo y reverenciarlo, los resucitará en su
Santa Gloria y Paraíso”.
Después
de escuchar a los discípulos, el Caballero pidió que lo bautizasen y regresó a
la playa donde se reunió con su novia y les contó a los presentes lo ocurrido.
Se había Instituido la Viera como símbolo del
Peregrino y Sello de Salvación.
BASEÁNDONOS NESTA LENDA CONVOCAMOS UN CONCURSO:
"AMOR NAS NOSAS LENDAS"
EIQUÍ TEDES AS BASES E ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN.
ANIMÁDEVOS!
PUBLICAREMOS OS VOSOS TRABALLOS NESTE BLOGUE.
E...FALANDO DE AMOR E AMIZADE,ESES SON TEMAS QUE ,AÍNDA QUE SEMPRE ESTÁN PRESENTES NAS NOSAS ENSINANZAS,ESTES DÍAS FORON REFORZADAS E CELEBRÁMOLO NA NOSA AULA.
TRABALLAMOS O QUE É O AMOR E A AMIZADE,A PALABRA "AMOR",DECORAMOS OS VIDROS DA AULA,EXPRESAMOS O NOSO AMOR,CANTAMOS CANTIGAS,RECITAMOS POEMAS CURTOS,MIRAMOS VÍDEOS...
ESTES SON ALGÚNS DOS NOSOS TRABALLOS.
E DE SEGUIDO,A HISTORIA DE AMOR QUE MÁIS LLE GUSTA AOS VOSOS FILL@S.
UN BICO MOI FORTE DE PERECHO,OS NEN@S E A PROFE MARICRUZ.
A nosa aula está a
traballar cómo eran os seus primeiros habitantes,cómo vestían,cómo vivían ,cómo
se alimentaban…Estes habitantes viñeron dende o río Douro,buscando terrras
fértiles e que lles deran abondante alimento e refuxio.
Antes,as illas Cíes estaban unidas a Monte Ferro e a Ría de
Vigo era unha gran ensenada que tiña unha única saída ao brasvío Océano Atlántico,Cabo Home,por iso a nosa Ría
era mansa e era como unha gran lagoa.Os nosos primeiros habitantes eran os Oestrymnios ,que
habitaban na costa occidental galáico-portuguesa dende o período eneolítico.
Eran grupos ou clans baseados nun
matriarcado.Os clans con lazos de parentesco agrupábanse en tribus,que se
defendían mutuamente dos ataques dos clans veciños.
Oestrymnios significa ,en grego,comedores
de ostras e moluscos ,o sexa,mariscadores.
Foron os inventores do sistema de secado da
zapata,tabeirón gato para algúns. a zapata
era a pintarroxa, melgacho ou melga para outros. Consultando a Guía dos peixes de Galicia
e dentro da familia dos Scyliorhinidae
atopamos o melgacho,
a roxa e a zapata. Posiblemente os
mariñeiros engloben aos tres dentro dunha única denominación. Do que non queda
dúbida é de que a zapata
é un pequeno tabeirón.e que o seu secado tanto na praia como dentro dos
barcos,abertos sen testa nen vísceras e colocados nunca cruceta de madeira, é anterior
ao sistema de salazón romano,coa finalidade de conservar o peixe para o seu
consumo nos días que non se podería nin pescar nin marisquear.
ZAPATA COMO A QUE LEVA ,NUNHA CRUCETA, IKER NA MAN.
Os primeiros boucenses eran seminómadas.Os
seus poboados eran estacionais.No verán construían palafitos sobre a beira da praia do que os boucenses consideran
a”Corredoira darriba”,zona de asteleiros e parte posterior da conservería
Alfageme hoxe,para refuxiarse das bestas que habitaban nas fragas achegadas e
colocar a secar as zapatas pescadas nas crucetas que fabricaban con paus.A
zapata,segue a ser o plato típico de Bouzas e séguese a realizar o seu sistema
de secado,exactamente igual que os primeiros boucenses.Naquela área achegábanse
varios manantiais e fontes que aínda hoxe se conservan. Pódese,aínda atopar a
zapata na feira dos domingos pola mañá e nalgunhas tendas de comestibles.
PALAFITO
CORREDOIRA DARRIBA a primeiros do século XX.
No inverno abandoaban a praia para instalarse
no humidal ou bouza sita no barrio de”O Rocío”,con vivendas semiesféricas
feitas con longas xestas que pola súa flexibilidade eran ideais para tal
finalidade e cubertas con peles de animais.Alí cazaban e se protexían dos
temporais atlánticos.
PREPARÁNDOSE CARA AO INVERNO.
CAZA POLAS FRAGAS ACHEGADAS.
Atopáronse bifaces ou cantos rodados puídos
coa técnica do percutido,por ambas caras,para raspar e cortar as peles e a
carne dos animais que cazaban.Un deses bifaces foi atopado por un antigo alumno
da nosa escola e atópase no museo “Quiñones de León” de Vigo,ademáis de moitas
puntas de frechas.
BIFAZ,RASPADOR E CORTADOR.
Traballo de investigación realizado por MARIA
DE LA CRUZ SÁNCHEZ
BLÁZQUEZ para dar a coñecer aos nenos/as do CEIP”Virxe do Rocío”de Vigo(Bouzas)
unha parte descoñecida da historia de Bouzas.
Agradecementos
aos veciños anónimos de Bouzas e amigos boucenses que me proporcionaron
información de incalculable valor.
A PROFE MARICRUZ TENTOU RECUPERAR UN POUCO DE
HISTORIA PARA OS NENOS BOUCENSES E DISEÑOU UNHA COMPARSA DE ENTROIDO “PRIMEIROS
BOUCENSES”.
OS DESEÑOS DOS TRAXES E A SÚA ELABORACIÓN SON
UNHA IDEA ORIXINAL DA PROFE MARICRUZ BASEOUSE PARA O DESEÑO DO DISFRÁZ, EN TÓDALA INFORMACIÓN RECOPILADA.
OS MATERIAIS SON NATURAIS NA SUA MEIRANDE PARTE,RECICLADOS E RECICLABLES.
OS DISFRACES FORON REALIZADOS EN OBRADOIROS
COAS FAMILIAS DOS NENOS,OS MARTES DE CADA SEMANA,DENDE NOVEMBRO Á
XANEIRO.GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CO SEU ESFORZO E ADICACIÓN FIXERON POSIBLE QUE
ESTA RECUPERACIÓN DA NOSA IDENTIDADE FOSE POSIBLE.
COMO SE FIXO O DISFRAZ E A PANCARTA DA NOSA COMPARSA?
E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DO PASARRÚAS,MERENDA NA ALAMEDA DE BOUZAS,XUIZO DO MECO,CASTIGO DO MECO E XANTAR DE LARPEIRADAS DE ENTROIDO DOADAS POLAS FAMILIAS.
ESPERAMOS QUE SAIBADES UN POUQUIÑO MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DAS NOSAS COSTAS,ADEMÁIS DE PASALO ESTUPENDAMENTE BEN. PRONTO SEGUIREMOS A CONTAR MÁIS SOBRE OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS.ESTADE ATENTOS ÁS NOSAS PUBLICACIÓNS.
INGREDENTES: -200 gr de fariña. -5 ou 6 ovos. -2 vasos de leite. -manteiga ou unto para a tixola.
Preparación: Bátense tódolos ingredientes e obtemos unha pasta bastante líquida. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se a pasta que queda é o suficientemente líquida para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben. Coción: As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e se unta coa axuda dunha servilleta mollada en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan grasosas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucharada da pasta na tixola e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada no fondo da tixola. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e se apilan as filloas unhas enriba das outras, asi conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves. Consellos: As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de zucre na mestura ou espolvorear zucre enriba da filloa recén feita.
SE PREFERIDES AS ORELLAS,PREMEDE NA FOTO DAS QUE SE FIXERON NA ESCOLA E TEREDES A RECEITA.
NON ESQUEZADES QUE O 8 DE FEBREIRO,DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO,IMOS FACER UNHA DEGOSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DESTA FESTA E PRECISAMOS DA VOSA AXUDA.SE TEDES TEMPO E GANAS PODEDES FACER UNHAS LARPEIRADAS E TRAELAS Á ESCOLA ÁS 9 DA MAÑÁ PARA DEGOSTALAS AO REGRESO DO PASARRÚAS.
XA SABEDES QUE ESTADES TODOS CONVIDADOS.
SAIREMOS DA ESCOLA ÁS 11 DA MAÑÁ,CAMIÑO DE BOUZAS.PODEDES IR CONNOSCO NO PASARRÚAS.OS PAIS E NAIS QUE SE TEÑEN QUE DISFRAZAR NA ESCOLA VIRÁN ÁS 10h PARA VESTIRSE NA AULA E AXUDAR Á PROFE MARICRUZ.