Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO 2013.

Onte, 23 de abril,
celebramos na nosa escola o 
"DIA DO LIBRO".
Na nosa escola fixéronse multitude de actividades das que foron informadas as vosas familias.
 Unha desas actividades foi o concurso de autocolantes(pegatinas,distintivos para os padriños,madriñas e afillad@s).
A nosa aula foi unha das máis participativas acadando un bo número de finalistas,ademáis da eleción do gañador "Cristian",alumno da nosa aula.
Grazas ás familias pola colaboración.
Estamos orgullos@s de ter unhas familias así.
Mirade a nosa espectacular participación no concurso.
Os nen@s participantes levarán un mogollón de pikeuros e o gañador un agasallo.
CONCURSO AUTOCOLANTES 2013.
Perecho deixounos uns libros sorpresa que nos fixeron moita ilusión e colocamos na nosa biblioteca de aula,ademáis de lelos e dirvertirnos con eles.
E Picolindo deixounos un carriño coas novidades da biblioteca do cole.



Esta celebración do día do libro,lémbrase cunha actividade preciosa
que facemos dende hai anos.  
Todos estamos á espera desta lectura que gusta tanto a pequenos como a maiores.
A actividade consiste en que os rapaces de 3º,4º,5º e 6º de ed.primaria,escollen ,da biblioteca da escola,un libro para lelo aos demáis rapaces,máis pequenos,da escola.A cada nen@ maior correspóndelle 3 ou 4 rapaces de 1º,2º de ed. primaria e ed. infantíl. 
Pasámolo espectacular! 



martes, 16 de abril de 2013

A FESTA DE "A BRINCADEIRA"(BOUZAS).



Bouzas festexou o seu papel na Reconquista con miles de visitantes.
A vila sumouse ás "armas" para derrubar a Porta da Falperra e expulsar aos franceses, por iniciativa do seu alcalde.

Miles de persoas pasaron o domingo pola Festa da Reconquista de Bouzas, 'A Brincadeira', que organiza a asociación de veciños ,dende fai dez anos ,e dura todo o día.
Os gaiteiros e pandereteiras animaron as rúas e houbo quen se arrincou coa muiñeira.
Dende primeira hora da mañá abriuse un mercado de época formado por 110 postos, que combinaban os produtos alimenticios coa artesanía, e ata con artesans traballando en fórxa, cestería, oleiros, palilleiras,zoqueiros e escultura. 'Quedou moita xente en lista de espera, este ano incorporamos máis artesans que é o que queriamos', explicou José Vidal, presidente da entidade veciñal.

Bouzas rememora así un episodio da Reconquista de 1809, porque o alcalde da vila, Cayetano Parada Pérez de Limia, participou no cerco a Vigo e atacou a Porta da Falperra para expulsar aos franceses polo que cando estes foron apresados polos ingleses,que viñeron a axudar á expulsión,os boucenses brincaron de leticia,por iso se chama “A Brincadeira”. Para celebralo, marineros e campesiños de Bouzas organizaron unha feira na Praza de Urzáiz de Bouzas, o domingo, un dos eixes da festa, xunto coa alameda de Suárez-Llanos e outras rúas do casco antigo. 

A que non sabiades que unha das pandereteiras que animou a brincadeira foi a profe Maricruz?Pois sí,ela pertence ás pandereteiras do casco vello de Vigo e amenizou,xunto co seu grupo,as rúas de Bouzas.Por esas rúas atopou a multitude de rapaces e rapazas da nosa escola.Uns deses foron Manuel e Jose,exalumno e alumno da profe Maricruz,respectivamente, que se fixeron con ela unha preciosa foto.
GRAZAS Á BEGOÑA,NAI DE MANU E TÍA DE JOSE,POLA EXCELENTE FOTO.

ESTAMOS ORGULLOS@S DO NOSO BARRIO,"BOUZAS".

sábado, 13 de abril de 2013

BENVIDA PRIMAVERA!


POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!
NÓS LEVAMOS UNHAS SEMANAS PREPARANDO Á SÚA CHEGADA.
FIXEMOS MULTITUDE DE ACTIVIDADES IMOS PRESENTARVOS ALGUNHAS DELAS PORQUE TODAS SERÍA IMPOSIBLE:XOGAMOS CON XOGOS INTERACTIVOS,CANTAMOS,RECITAMOS POESÍAS,APRENDIMOS COUSAS SOBRE Á NATUREZA COA NOSA AMIGA "MAYA",DECORAMOS A NOSA AULA...
UNHA COA QUE MÁIS GOZAMOS FOI A DECORACIÓN DA NOSA ÁRBORE CATARINA.MIRADE QUE CHULA QUEDOU.


 
TAMÉN ELABORAMOS UN GIF NO NOSO EDI PARA DARLLE A BENVIDA,QUE FOI ENCABEZAMENTO DO NOSO BLOGUE DURANTE UNHAS SEMANAS.
DECORAMOS AS PORTADAS DOS NOSOS TRABALLOS,FIXEMOS UNHAS MAYAS PRECIOSAS E SEGUIMOS A TRABALLAR NUNHA SORPRESA QUE VOS DESCUBRIREMOS MOI PRONTO.
SE QUEREDES XOGAR,CANTAR,APRENDER NOMES DE FLORES,ÁRBORES,ANIMAIS...COS VOSOS FILLOS/AS NA CASA,PERECHO VOS DEIXA...


PREME NA FOTO PARA XOGAR E APRENDER COUSAS DA PRIMAVERA CO PROXECTO "AGREGA"


PREME EN MAYA PARA APRENDER SOBRE A NATUREZA E DIVERTIRTE XOGANDO CON ELA.
CANTA CO TEU FILLO/A A CANTIGA DA PRIMAVERA.

lunes, 8 de abril de 2013

O NOSO CORPO.

COMO TODOS SABEDES NA NOSA AULA TRABÁLLANSE AS INTELIXENCIAS MÚLTIPLES.A TRAVÉS DOS NOSOS TRABALLOS PLÁSTICOS REFLÍCTENSE OS PROGRESOS MULTIDISCIPLINARES DOS NOSOS NENOS/AS.UN DESES TRABALLOS É ESTE.DESPOIS DE TRABALLAR MOITO O ESQUEMA CORPORAL,A ORIENTACIÓN ESPACIAL,A COORDENACIÓN EN TÓDALAS SÚAS FACETAS,A AUTOESTIMA,AS PECULIARIDADES INDIVIDUAIS TANTO CORPORAIS COMO EMOCIONAIS DE CADA ÚN DOS NOSOS NENOS/AS...CHEGAMOS A ESTE FERMOSO TRABALLO.
SABEDES O QUE DÍN ELES?
XA NON FACEMOS POLBOS(PULPOS) ,FACEMOS PERSOAS ENTEIRAS PORQUE OS NOSOS BRAZOS NON SAEN DAS NOSAS TESTAS.
ISTO NON SE CONSEGUE DA NOITE PARA A MAÑÁ SENON CON MOITO TRABALLO.
MIRADE CÓMO SE MIRAN ELES.

 
A QUE SON SUPERGUAPOS E GUAPAS?
POR SUPOSTO.