Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 27 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN.


Á MIÑA FAMILA:
·         *Valorede  moito o que faga ben e axudádeme a conqueri-lo que non poida facer.
·         *Falade moito conmigo ,correxíndome sen agobiarme e sen falarme coma un neno pequeno.
·         *Non me amenaces,cando non me porte ben,dicindo que cando chegue ó cole xa veré o que é bó.
·         *Déixame vestirme e espirme sen axuda.
·         *Axúdame a observa-las cousas que nos rodean e as súas cualidades agora xa sei moitas cousas.
·         *Déixame asearme e lava-los dentes só,sei facelo.
·         *Gustaríame que me deixaras pintar,recortar,escribir e ler algunhas cousas que fixen durante o curso e outras que xurdan.  
·         *Cando vexa unha peli preguntádeme sobre o que mirei e mirémola xuntos.
·         *Axúdame a descubri-lo nome das cousas,dos lugares,dos animais...
·         *Lembrade que son un neno /a e,as veces,téñome que manchar para descubri-las cousas.
·          Como é verán,deixádeme que me molle e me manche de area,lama, pintura...,todo seca rápido e axudádeme a aprender moitas cousas.
·         *Como son vacacións poido axudar nas tarefas da casa e, por suposto, vou ordena-los meus xoguetes,libros...,e recolle-las cousas ao remate dunha tarefa.
·         *Gustaríame que me contaras contos,que me dixeras como eras de pequeno/a,que facías,que cancións cantabas…
·         *Xogar na praia,na casa,no campo,na aldea…e facer tódalas cousas que dixen antes,gustaríame facelas con vós pois durante o curso    non teño tanto tempo para estar coas personas que máis quero,a miña familia.
·         Teño tempo dabondo para rematar aquelas fichas que quedaron sen facer e podo repasar as cousas dadas na escola.
Podo traballar no noso blogue “O recanto de Perecho e Maricruz”.
Un 
  moi,moi forte do voso fillo/a:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.