O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 13 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016 NA AULA E NA ESCOLA.


LEVAMOS XA ,CASE UN MES A TRABALLAR O OUTONO.
UNHA DAS FACETAS DESTE SON OS SEUS FROITOS,CARNOSOS E SECOS,OS ANIMAIS NO OUTONO,A NOSA CONTORNA E O MAGOSTO EN GALIZA,NA NOSA CONTORNA E NA ESCOLA.
NOUTRAS ENTRADS DOUTROS ANOS XA VOS EXPLICAMOS O QUE É O MAOSTO E ,NESTA ENTRADA,ABORDAREMOS AS SÚAS ORIXES.
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. 
Hai quen a fai vir do latín magnus ustus 'gran fogueira', dentro dos cultos ígneos que, como a noite de san Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que significaría ou ben 'magno, grande', ou ben 'mago, maxia'; e outros do celta mag, campo ou mesmo do protocelta *Magon- e *glustu- 'gran luz' ou *Magon- e *ouxto- 'gran frío'. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas.

Murguía relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. Mariño Ferro tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios. Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e documéntase dende antigo o costume de asar castañas ese día.
Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador Bernardo Barreiro recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no século XVI para celebra-lo Día de Defuntos:

Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais.
Mais, a explicación máis repetida lévanos a pór en relación este substantivo co verbo agostar, que significa ‘facer perder a humidade’, o que se pode dar por unha calor excesiva, como a que se lles aplica ás castañas no magosto.
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa.Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as ánimas viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.


 E AGORA UNHA PEQUENA MOSTRA DALGUNHAS ACTIVIDADES DE AULA E DE CENTRO.
*ESTUDO DOS ANIMAIS NO OUTONO:
O OURIZO RIZO E ESPINETE.
 COMO O FIXEMOS?


GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE FROITOS DE OUTONO E FOLLAS SECAS.

 *COÑECEMENTO,ESTUDO,CLASIFICACIÓN E DEGOSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO.

*DISTINTIVOS DÍA DA FESTA.
 *CORNETES OU CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS.
 *CANTIGAS,POEMAS,REFRÁNS...


 * DIVERSOS CONTOS E ACTIVIDADES LINK SOBRE A CASTAÑA E O MAGOSTO.


http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html
PREMER NA FOTO DA CASTAÑEIRA.
 *FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA.
  • OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS. Dende as nove da mañá un gran grupo de pais e nais colaboradores, adicaron todas as súas enerxías a atasnicar as castañas doadas pola ANPA da escola, revisar as traídas polas familias, preparar os asadores, pegar carteis, colaborar cos mestres na organización dos obradoiros de nenos,  e facer o gran cartel que presidía a festa.
  • OBRADOIROS PARA O ALUMNADO.Os nosos nenos e nenas, prepararonse de 9 a 11 nas clases, para celebrar do mellor xeito posible o Magosto. Foi dende as 11:30, cando en grupos cooperativos, con nenos de varias idades mezcladas, gozaron das distintas actividades preparadas para eles.
@S NEN@S DE ED. INFANTÍL,FIXEMOS DIFERENTES OBRADOIROS: XOGAMOS A TIRAR BOLOS,AO TRAGACASTAÑAS,A PESCAR A BOTELLA,CREATIVOS MURAIS DE OUTONO.
  DISTRIBUÍMONOS EN CATRO GRUPOS MIXTOS,DIFERENCIADOS POR CORES.

OS DA PROFE MARICRUZ FORON O GRUPO AZUL. MIRADE,MIRADE,QUE CAMPIÓNS E CAMPIONAS TEMOS!
ADEMÁIS,POIDEMOS DEGOSTAR AS CASTAÑAS COAS NOSAS FAMILIAS E ATA FACERNOS UNHA FOTO TOD@S XUNTOS.
PASÁMOLO FENOMENAL!
MOITÍSIMAS GRAZAS AO ANPA DA NOSA ESCOLA,POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON,PARA QUE ESTA FESTA SAÍRA MARABILLOSAMENTE BEN.


FESTA MAGOSTO 2.016 II

UNHA APERTA AFECTUOSA DOS NEN@S DE 4 ANOS E A PROFE MARICRUZ. 

domingo, 30 de octubre de 2016

FESTA DE SAMAÍN DOS NEN@S DE 4 ANOS.

TRABALLO DIXITAL,FEITO POLOS NEN@S,SOBRE A FOTO DO MANTEL DE SAMAÍN FEITO POR ELES.
COMO SABEDES,A PESARES DALGÚNS ATRANCOS PARA PODER EDITAR ENTRADAS,TAN ASIDUAMENTE COMA ANTES,NO NOSO BLOGUE,IMOS TENTAR MOSTRARVOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS,NA NOSA AULA,PARA FESTEXAR O SAMAÍN.
*CONVERTÍMONOS EN MEIGAS E MEIGOS COMO
 "A BRUXIÑA TAPIÑA".

SOMOS MEIGAS E MEIGOS. on PhotoPeach

*DECORAMOS A NOSA AULA.

* OS NOSOS CALACÚS.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
 *O TÚNEL DO MEDO.
CON DIFERENTES ACTIVIDADES DE AULA PARA TRABALLAR O MEDO E A MORTE COS NEN@S.
SEGURO QUE VOS PARECE INTERESANTE ESTE ENLACE PARA TRATAR ESTE TEMA CON ELES.
PREMEDE NA FOTO E LEVARAVOS A UNHA PÁXINA MOI INTERESANTE:"EL PUPITRE DE PILU".
http://www.elpupitredepilu.com/2015/11/01/como-para-trabajar-la-muerte-con-los-nins/



*APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS MORCEGOS,CANCIÓNS,BAILES,POEMAS,CONTOS E CURTAMETRAXES COMO:LA BRUJITA TAPITA,OS BOLECHAS E O SAMAÍN,O ESPANTALLO,CORRE CORRE CABACIÑA... 
PERO O QUE TIVO MÁIS ÉXITO FOI O CONTO DE "CARABUÑAS". 
EIQUÍ VOLO DEIXO PARA QUE PASEDES UN BO RATIÑO.
É MOI DIVERTIDO!


*A PROFE POIDO VISITAR ALGUNHAS DAS OUTRAS AULAS E METER UN POUQUIÑO DE MEDO,AINDA QUE SÓ FÍXOSE FOTO CON ALGÚNS DOS SEUS ANTIG@S ALUMN@S.
*TRABALLOS DIXITAIS COA PDI DA AULA,COMO O QUE TEDES NO PRINCIPIO DA ENTRADA,SOBRE O MANTEL-MURAL QUE CONFECCIONAMOS PARA A FESTA. 
*ESCOLMA DE TRABALLIÑOS DE SAMAÍN:DISTINTIVOS,MONICREQUES DE DEDOS,DIFERENTES TRABALLOS SOBRE PAPEL DE NUMEROS,VOCABULARIO DE SAMAÍN,MANTEL PARA A DEGUSTACIÓN DE DOCES...E,POR SUPOSTO,A NOSA ORIXINAL POSTAL DE SAMAÍN PARA AS FAMILIAS.
TODO PLASTIFICADO PARA QUE TEÑADES UN BONITO RECORDO PARA TODA A VIDA.

SE QUEREDES REPASAR O QUE É A FESTA DE SAMAÍN,PODEDES PREGUNTARLLE AOS VOSOS FILL@S QUE VOLO EXPLICARÁN SUPERBEN.
DE TODOS OS XEITOS,SE QUEREDES MERGULLARVOS MÁIS NO TEMA,ORIXE,CELBRACIÓNS NOUTROS PUNTOS DE GALIZA,ESPAÑA E PORTUGAL,RECEITAS...PODEDES CONSULTAR OUTRAS ENTRADAS,DE SAMAÍN DOUTROS ANOS,NESTE BLOGUE, OU TAMÉN PASALO MOI BEN FACENDO COUSIÑAS INTERESANTES COS BOLECHAS QUE PODEREDES DESCARGAR,IMPRIMIR...
PREMEDE NA IMAXE DOS BOLECHAS E VEREDES CANTAS COUSAS PODEREDES APRENDER.
https://osbolechas.gal/imaxes/Didacticos/sama_n.pdf
ASÍ CELEBRÁMOLO NA NOSA AULA CUNHA GRANDE FESTA-BAILE,CON DEGUSTACIÓN DE DOCES FEITOS POLAS FAMILIAS, QUE ESTABAN RIQUÍSIMOS,E XOGOS NA AULA E NO PATIO.
PASÁMOLO FENOMENAL!
MIRADE,MIRADE QUE GUAP@S E TERRORÍFIC@S ESTÁBAMOS!
 BO SAMAÍN A TOD@S E COMEDE MOITAS CHULAS DE CABAZA E MOITAS CASTAÑAS,CAQUIS,FEIXOAS,UVAS...PERO SEN PASARSE,CLARO!
TRANQUIL@S,QUE NON VOS APARECERÉ ATA O VINDEIRO MÉRCORES,JOJOJOJO!
UNHA APERTA DOS NEN@S DE 4 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

lunes, 27 de junio de 2016

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 15-16, NA AULA E NA ESCOLA.

COMO REMATE A ESTE ANO TAN PIKOLÍMPICO,TIVEMOS A BEN DE FACER UNHAS PIKOLIMPÍADAS ESCOLARES.
FIXÉRONSE TRES TIPOS DE PIKOLIMPÍADAS:
-AS OLIMPÍADAS DO SABER,CO XOGO DO PASAPALABRA,PARA ED. PRIMARIA,CUNS ROSCOS FEITOS POR NÓS.
-DÚAS OLIMPÍADAS DEPORTIVAS:ED. INFANTÍL E PRIMARIA PERO CON DIFERENTE TIPO DE XOGOS.
NÓS IMOS MOSTRARVOS AS DE ED. INFANTÍL.
CON EQUIPOS MISTURADOS, COA COR DE CADA UNHA DAS AULAS DE INFANTÍL,COMEZAMOS AS NOSAS "DIVEROLIMPÍADAS".
CONFECCIONAMOS UNS DISTINTIVOS DE GOMA EVA E TÉMPERA SÓLIDA,COA COR DOS GRUPOS E O NOME DE CADA NEN@.
1-CARREIRA DE VELOCIDADE POR CIRCUÍTO.
2-LANZAMENTO DE LONXITUDE CON SAQUIÑOS DE AREA.
3-CARREIRAS DE MOTOS.

AS DÚAS PRIMEIRAS PROBAS FIXÉRONSE ANTES DO RECREO,MENTRES OS DE PRIMARIA FACÍAN AS OLIMPÍADAS DO SABER.
DESPOIS DO TEMPO DE LECER,QUIXEMOS ACHEGARNOS ATA AS GRADAS POIS COMEZABAN AS PROBAS DOS MAIORES E ENCÁNTANNOS VER AOS NOSOS FAMILIARES NA ESCOLA, PARTICIPAR.
ADEMÁIS,HOXE,TIVEMOS A PRESENZA DO SR.ALCALDE,
"D.ABEL CABALLERO",CO CONCELLAL DE EDUCACIÓN E A PRENSA,PARA PRESENZALAS E POÑER AS MEDALLAS AOS NOSOS CAMPIÓNS,ADEMÁIS DE DARNOS UN DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN A CADA UN DE NÓS.

O SEÑOR ALCALDE ESTIVO MOI SIMPÁTICO E AMABEL.
GRAZAS A ÉL POIDEMOS DISPOR DESTAS FERMOSAS MEDALLAS PIKOLÍMPICAS.
TAMÉN HOUBERON SUPERPARTIDAS DE XADRÉZ CO NOSO CAMPIÓN,XULIO.
TODA A REPORTAXE,PREMENDO NESTA FOTO.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/6293452400221843281?authuser=0&feat=directlink



COMO TÓDOLOS ANOS,OS NEN@S DE 6º DE ED. PRIMARIA E 6º DE ED. INFANTÍL,GRADÚANSE E FAN UNHA FESTA CON ACTUACIÓNS E CERIMONIA DE ENTREGA DE ORLAS E DIPLOMAS.NA MESMA FESTA ENTRÉGANSE OS PREMIOS Á COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA E DE CENTRO.
ANTES DA GRADUACIÓN FÍXOSE O TÍPICO MERCADILLO DE LIBROS.
SEGÚN O NÚMERO DE PASAPORTES LECTORES REMATADOS,CADA NEN@ RECIBÍU UNHA CANTIDADE DE PIKEUROS QUE PODERÍAN TROCAR POR LIBROS,DVDs,CINTAS DE VIDEO...


 - collage
 PARABÉNS E MOITA SORTE A TOD@S OS NEN@S QUE SE GRADUARON!
AGORA PRINCIPIA OUTRA ETAPA NAS VOSAS VIDAS,PERO NÓS SEMPRE FORMAREMOS PARTE DELAS.
PARA VER AS FOTOS DA GRADUACIÓN,PREMEDE EIQUÍ.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/6298686803391897889?authuser=0&feat=directlink

 PARABÉNS PARA OS NOSOS CAMPIÓNS,XOEL,ROSALÍA E ÁNGEL,NA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN NO PROXECTO DE CENTRO E BIBLIOTECA.
O DERRADEIRO DÍA DE CLASE,FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DO VERÁN E O FIN DO CURSO,CUNHA ESTUPENDA FESTA-BAILE,CON COMILONA,XOGOS,POMPIÑAS DE XABÓN,E SESIÓN DE CINE DE VERÁN.
COMO SABEDES,ESTE ANO,FOI A MAMÁ DE EMMA,CO DIÑEIRO DA AULA,A QUE SE ENCARGOU DE MERCAR AS LARPEIRADAS E BEBIDAS PARA QUE TOD@S POIDERAN COMER E BEBER,DE TODO,SEN MEDO ÁS ALERXIAS ALIMENTARIAS.
PASÁMOLO EN GRANDE!
UNS DÍAS ANTES PREPERAMOS A CLASE,FIXEMOS UN SUPERMANTEL E DECORÁMOLA NÓS CON TIRAS DE CADEAS DE PAPEL CHAROL E GLOBOS.
FIXEMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PERO AS MÁIS REPRESENTATIVAS SON,OS SOBRES DOS NOSOS INFORMES,A DECORACIÓN DA NOSA AULA PARA A FESTA,DECORACIÓN DAS RECOMENDACIÓN PARA O VERÁN E UNS PEIXIÑOS QUE SUBEN E BAIXAN AS ONDAS DO MAR...,PLASTIFICADOS PARA PODELOS MOLLAR.
A CONTINUACIÓN,AS FOTOS DA FESTA DE ANIVERSARIOS VERÁN E A ESCOLMA DE TRABALLIÑOS.

martes, 14 de junio de 2016

SOMOS EXPERTOS EN...

FOTOCOLL COAS MASCOTAS OLÍMPICAS FEITAS POLA FAMILIA DE MAR,PARA DECORAR A TARIMA NA EXPOSICIÓN DOS EXPERTOS.

COMO XA SABEDES,O PROXECTO ESTRELA DESTE CURSO,NA NOSA ESCOLA,FORON "AS PIKOLIMPÍADAS",QUE TIVO COMO OBXECTIVO PRIMORDIAL,ACHEGAR  ÓS XOGOS OLÍMPICOS AOS RAPACES E RAPAZAS, O ESPRITO DEPORTIVO,A BOA NUTRICIÓN,A CAPACIDADE DE TRABALLO,O ESFORZO E A IMPORTANCIA DO DEPORTE NAS NOSAS VIDAS.
CADA GRUPO/CLASE ESPECIALIZOUSE NUN SUBPROXECTO.
A NOSA AULA DECIDÍU QUE SE FARÍAN EXPERTOS EN "OS SÍMBOLOS OLÍMPICOS".
INVESTIGAMOS E APRENDIMOS COUSAS INCRÍBLES QUE NIN SIQUERA AS NOSAS FAMILIAS SABÍAN.
ELAS IMPLICÁRONSE MOITÍSIMO COA PROFE,COS SEUS FILL@S E CO COLE EN TODAS AS ACTIVIDADES E OBRADOIROS PROPOSTOS NA AULA E NO CENTRO.
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
SOMOS UNS VERDADEIROS EXPERTOS NO NOSO TEMA.
NESTA ENTRADA IMOS FACER UN BREVE RESUMO,DALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE,COMO EXPERTOS,FIXEMOS.

DE SEGUIDO,MOSTRAMOS CINCO SUPERTRABALLOS:
1-RESUMO CONCEPTUAL-CONFERENCIA DE EXPERTOS,QUE FOI MOSTRADO E EXPLICADO POLA PROFE E OS NEN@S,AO RESTO DA ESCOLA,NA"SEMANA DOS EXPERTOS".
OS NEN@S FIXÉRONNO FENOMENAL!
SON UNS ESTUPENDOS EXPERTOS E DEIXARON ALUCINAD@S A TODOS OS ASISTENTES.
COMO,SENDO TAN PEQUENIÑOS,SABÍAN TANTO?
O PP ORIXINAL,COS GIFS,ENLACES,SONS...TENLO A PROFE MARICRUZ.
SE CALQUERA DE VÓS QUERE TELO,SO TEN QUE POÑERSE EN CONTACTO CON ELA.
ALGUNHAS FAMILIAS XA O TEÑEN.
2-FOTOGRAFÍAS DA COFERENCIA DOS EXPERTOS DA CÁMARA DA ESCOLA.
3-VÍDEO DO XOGO FINAL DE ADEVIÑAR O DEPORTE QUE REPRESENTA O SÍMBOLO QUE LEVA CADA NEN@.
COMO PODEDES OBSERVAR,APROVEITAMOS OS NOSOS DISFRACES DE ENTROIDO PARA A NOSA CONFERENCIA.

4- ESCOLMA FOTOGRÁFICA DA CÁMARA DA PROFE MARICRUZ,DA CONFERENCIA.
PREMEDE NA FOTO DE GRUPO PARA ACEDER ÁS FOTOS.XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS SEN PROBLEMAS.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/6296080853711105937?authuser=0&feat=directlink
5-ESPECTACULAR EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS FAMILIARES E DE AULA,NO HALL DE ENTRADA DA ESCOLA.
PARTICIPACIÓN ESPECTACULAR DAS FAMILIAS.
CADA FAMILIA FOI EXPERTA NUN TEMA DENTRO DOS SÍMBOLOS OLÍMPICOS.
PREMEDE NA FOTO DA INVITACIÓN PARA ACCEDER ÁS FOTOS.
CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS E NEN@S DA ESCOLA A VISITALA DURANTE OS MESES DE MARZO,ABRIL E MAIO.
EN BREVE,CADA FAMILIA PODERÁ VIR RECOLLER OS SEUS TRABALLOS.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/6296070585996311345?authuser=0&feat=directlink
OS NEN@S DE 
3ANOS,INVESTIGARON,APRENDERON,ALUCINARON,TRABALLARON... E SOBRETODO GOZARON CON ESTA MARABILLOSA EXPERIENCIA DE SER UNS VERDADEIROS EXPERTOS,COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS E DOS NOSOS MESTRES. 
AGORA,OS DÓUS VÍDEOS QUE VISUALIZARON OS NEN@S DA ESCOLA NA CONFERENCIA DOS EXPERTOS.
 OS CAPÍTULOS DAS NOSAS MASCOTAS ,VINICIUS E TOM,QUE FAN AS DELICIAS DOS VOSOS FILL@S,"DIVERTIDOS POR NATUREZA", E O VÍDEO INTRODUTORIO, MENTRES SITUÁBANSE OS ASISTENTES Á CONFERENCIA.
COMO PODEDES VER,COMPROBAMOS QUE TODO O QUE DI O NOSO CREDO OLÍMPICO É CERTO: