O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 30 de abril de 2012

FESTA DOS MAIOS NO "COLE ROCÍO".

Hoxe celebramos a festa dos maios na nosa escola.Como onte fixo un día estupendo,as familias truoxeron moitísimo material para facelo.
Unha das clases que máis cousas trouxeron foi a nosa,a dos ne nos/as de
 5 anos.
Perecho tamén nos deixou moitas cousas na clase,enriba das mesas.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:Confección de grinaldas nas aulas.
-De 111:30h a 12:00h:Recreo.
-De 12h a 12:30h:Montaxe do maio.
-De 12:30h a 13:50h:Procesión,cantigas do Maio,baile das fitas e festa rachada.
Á nosa aula tocoulle a confección de grinaldas de pampillos ou margaridas laranxas.
Estivemos moi atarefados,pero quedaron preciosas.
Mirade como traballamos.
E agora,a confección do nos Maio,as cantigas ,o baile das fitas
 e a procesión.
Este ano,a pesares de que non poidemos decorar o maio no patio por mor do mal tempo,si que poidemos facer a procesión fora xa que saíu un crariño e aproveitamos para continuar,a nosa festa, ó air libre.
Pasámolo fenomenal!
Estamos a recuper unha vella tradición nosa que quedou esquecida por algún tempo.
NON SABEMOS NADA DA FESTA DOS MAIOS  DA ASOCIACIÓN VECIÑAL"CASCO  VELLO" DE VIGO ,PERO O QUE SI SABEMOS E QUE ESTA FIN DE SEMANA ESCOMEZAN  AS "FESTA DA XUVENTUDE" EN BALAIDOS.
VAN DURAR UN MONTÓN DE DÍAS.
SE QUEREDES MIRAR O PROGRAMA DAS FESTAS,FOTOS...,PREMEDE NO CARTEL.
ESTA É OUTRA DAS FESTAS POPULARES ESQUECIDAS DE VIGO QUE SE ESTÁN A RECUPERAR.
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLO MATERIAL PARA O NOSO MAIO.
SABEDES QUE SEN A VOSA COLABORACIÓN NON PODERÍAN MATERIALIZARSE
NIN A MITADE DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NA NOSA ESCOLA.

viernes, 27 de abril de 2012

O APASIOANTE MUNDO DOS DINOSAURIOS.

O Concello de Nigrán presentou onte Dinosauros Park, unha exposición de máis de 2.000 metros cadrados que albergará máis de 50 réplicas a escala real de dinosauros de 30 especies diferentes, e que permanecerá aberta ao público entre mañá, sábado, e o próximo 23 de setembro en Praia América. 
Dinosauros Park é un evento didáctico e lúdico dirixido a toda a familia, que permitirá ao público coñecer con detalle o mundo dos dinosauros, como eran, as súas orixes, a súa extinción, de que se alimentaban, etc.
 A exposición estrutúrase en diversas zonas organizadas de forma tal que os visitantes adquiran unha visión espazo-temporal, todo iso interactuando con réplicas de dinosauros e fósiles,algúns deles animados e que emiten sons reais, películas, animatronix, xogos e moito máis, así como cunha réplica dun exemplar de 12 metros de alto coroando o acceso ao recinto. O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, e Rubén Comesaña, responsable de Mercadotecnia de Dinosauros Park. 
 Nos meses de abril e maio, a exposición estará aberta os venres de 16.30 a 21.00 horas e os sábados e domingos de 10.00 a 22.00 horas. A partir do 20 de xuño, coincidindo coas vacacións estivais dos máis pequenos, a actividade estará operativa os sete días da semana, en horario ininterrompido de 10.00 a 22.00 horas. O prezo da entrada será de 5 euros para os nenos e de 7 euros para os adultos.
 Dinosauros Park instalarase en Nigrán tras o seu paso por cidades como Madrid, Barcelona, Xirona ou Mérida, entre outras, o que suporá unha oportunidade única para dar un paseo pola prehistoria e o mundo dos dinosauros. Neste sentido, o alcalde de Nigrán subliñou o gran labor da Concellaría de Turismo, 'que nos permitirá gozar dunha actividade moi atractiva para todos os públicos'. O rexedor incidiu tamén na inxección que suporá para a economía local contar cunha actividade que prevé recibir máis de 20.000 visitantes nos próximos meses.
PARA SABER TODO SOBRE O MUNDO DOS DINOSAURIOS...PREMEDE NESTE PARQUE XURÁSICO E DESCUBRIREDES MOITAS COUSAS INTERESANTES.

QUEREDES XOGAR E APRENDER?
POIS PODEDES FACELO CON "TORBELLINO" DE ECASALS.


jueves, 26 de abril de 2012

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS.

Como todos sabedes o lúns,30 de abril,celebraremos a "Festa dos Maios",por segunda vez,na nosa escola.
O curso pasado foi espectacular.Podedes consultar as entradas dos maios do curso anterior neste blogue.
O curso pasado.
Pedimos ás familias colaboración para recoller pampillos,fiuncho herbas,calas,flores...
O curso pasado as familias colaboraron moitísimo,pero este ano temos pouco material para facer o maio.
Quizais é por mor do mal tempo,estes temporais e cicloxéneses que están a producirse en Galiza nestes días.
Fixádevos o que tíñamos ,un día coma hoxe pero do curso pasado,e mirade o que temos ,na nosa aula este curso.
Polo dagora só a familia de Silvia colaborou cunha media ducia de ovos baleiros.
Esperamos que mañá ,venres,e o luns teramos máis material.
Non esquezades de vestir ós nenos/as de branco este luns.
Pronto poñeremos,á vosa disposición ,o  programa da festas dos maios da Asociación Veciñal "Casco vello" de Vigo,unha vez sexa publicado,tanto o cartel como o programa,na páxina web de dita asociación.
Recoméndovos un libro,que se utilizou o ano pasado cos vosos fillos/as , que é moi chuli para ed. infantíl e 1º ciclo de ed. primaria.
"OS MAIOS",ED.Galaxia,con ilustracións de Jacobo Fernández.
ISBN:9788498651522
Se non dispoñedes de moito tempo,podédelo adquirir,a través da rede,no enlace que tedes premendo na foto do libro.

Lembramos o que son os maios.



EU ,PERECHO,TEÑO TODO ISTO GARDADO PARA  O LUNS,ANIMÁDEVOS E AXUDADE ÁS PROFES A QUE ESTE SEGUNDO MAIO SEXA IGUAL OU MELLOR QUE O DO ANO PASADO.    

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012.

HOXE CONMEMORAMOS NA ESCOLA ,O DÍA DO LIBRO.
NON DEBEMOS ESQUECER QUE TAMÉN SE CONMEMORA O NASCEMENTO DE VALENTÍN PAZ ANDRADE, AUTOR HOMENAXEADO, ESTE ANO, NO DÍA DAS  LETRAS GALEGAS.
SE QUEREDES SABER COUSAS SOBRE  ESTE AUTOR,PODEDES CONSULTAR O QUE PUBLICOU A PROFE MARICRUZ NA PÁXINA WEB DA  NOSA ESCOLA.
PREME NA FOTO E APRENDE COUSAS DE VALENTÍN.
ANTES DE FACER A NOSA ACTIVIDADE ESTRELA"MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES",REMATAMOS OS NOSOS TRABALLOS DE AULA:
CONFECCIONAR UNHAS TARXETAS DE AGRADECEMENTO ÓS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS E OS TRABALLOS SOBRE O LIBRO
"EL OSO QUE AMABA LOS LIBROS",
CONVÍDOVOS A QUE MIREDES COMO SE DESENVOLVERON AS ACTIVIDADES.
LEMBRARVOS QUE TAMÉN OTORGÁRONSE OS PREMIOS ÓS FINALISTAS E GAÑADORES DO CERTAME DE AUTOCOLANTES,GAÑADORES DAS CARTAS DE AMOR E FAMILIAS GAÑADORAS PARTICIPANTES.

AS RESEÑAS DO LIBRO,CONTIDO,RESUMO,EDITORIAL E ISBN,TÉDELAS NA ENTRADA ANTERIOR ,DESTE BLOGUE.
É UN LIBRO PRECIOSO,DOADO PARA AGASALLAR EN CALQUEIRA OCASIÓN.  
AGORA SÍ: "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS" E PREMIOS.

viernes, 20 de abril de 2012

ACTIVIDADES PREPARATORIAS PARA O DÍA DO LIBRO 2.012.

ESTE ANO FIXEMOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PREPARATORIAS Á CELEBRACIÓN DO "DÍA DO LIBRO".UNHA DELAS É O CONCURSO DE AUTOCOLANTES QUE LEVARÁN OS NENOS/AS PRENDIDO NO PEITO ESE DÍA TAN ESPECIAL.
FÍXOSE UNHA CONVOCATORIA CUN FORMATO ESPECIAL,TENTANDO QUE ESTIVESE RELACIONADO COA TEMÁTICA ESTRELA DESTE CURSO:"UN MAR DE EMOCIÓNS".
MOITOS QUEDARON POLO CAMIÑO POR NON ESTAR FEITOS DE XEITO AXUSTADO A UN CONCURSO.EIQUÍ TEDES UNHA PRESENTACIÓN NA QUE SE EXPLICA O PROCESO DE ELECCIÓN DOS FINALISTAS E GAÑADORES,DUN XEITO DEMOCRÁTICO.ESPERAMOS QUE VOS GOSTE.
NESTA PRESENTACIÓN ESCÓITASE UNHA CANCIÓN PRECIOSA"LEER ES MÁGICO".
CONCURSO DE AUTOCOLANTES :DÍA DO LIBRO 2012.
MARICRUZ SÁNCHEZ BLÁZQUEZ.
ADEMÁIS QUERÍAMOS FACER PARTICIPAR ÁS FAMILIAS,NUNHA ACTIVIDADE QUE NOS  PARECÍA MOI ENRIQUECEDORA:
"O MUSEO DO CONTO".
Consistíu en que cada familia escollese un conto da biblioteca do centro ou da casa e traelo á escola xunto cun obxecto ou traballo manual que poidera servir como representación do conto.
Moitas familias animáronse a que os seus fillos/as se sentiran orgullosos de mirar o traballo familiar na exposición.
Na exposición houbo un detalle moi curioso,como era un mar de contos,había unha serea que servía para facernos fotos cos nosa faciana.Foi moi divertido.Ata os profe atrevéronse a que a profe Maricruz lle fixera unha foto.
Estades todos/as convidados a admirar a nosa exposición.
Grazas ás familias pola súa colaboración.

"UN MAR DE CONTOS".MARICRUZ SÁNCHEZ B.

O LUNS TEMOS A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO E O NOSO HABITUAL MOMENTO DAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES.
EXPERIENCIA QUE RESULTOU SER MOI POSITIVA E QUE CONSISTE EN QUE OS MAIORES DO CENTRO CONTAN CONTOS A UN GRUPIÑO HETEROXÉNEO DE RAPACES MÁIS PEQUENOS.
TEREMOS QUE ESPERAR ATA O LÚNS PARA VER SE ESTE ANO TEN TANTO ÉXITO COMO NOUTROS ANOS.
NÓS ,NA NOSA AULA ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE O CONTO:
"EL OSO QUE AMABA LOS LIBROS".
PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO PARA LER DE QUE VAI.

TEREDES QUE ESPERAR A MIRAR OS TRABALLOS DOS RAPACES SOBRE O CONTO,POIS AÍNDA ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ÉL.
ENCANTOULLES E ,SE QUEREDES,PODÉDELO MERCAR.
ESTES SON OS SEUS DATOS:
El oso que amaba los libros, de Dennis Haseley y Jim LaMarche.-Barcelona: Editorial Juventud, 2002. ISBN: 84-261-3395-9

E...A LER,SOÑAR E IMAXINAR COS NOSOS AMIGOS OS LIBROS.

miércoles, 18 de abril de 2012

ESTAMOS REALMENTE EMOCIONADOS,MOI EMOCIONADOS!

POR QUE?POIS PORQUE O NOSO HUMILDE BLOGUE FOI ADMITIDO PARA PARTICIPAR NOS PRESTIXIOSOS 
"PREMIOS ESPIRAL DE EDUBLOG 2012".
AS FAMILIAS DA NOSA AULA E MOITOS COMPAÑEIROS/AS DE PROFESIÓN ,QUE SON VISITANTES DO NOSO BLOGUE E O UTILIZAN COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NAS SÚAS AULAS,ANIMARON Á PROFE MARICRUZ,QUE NON FAI O SEU BLOGUE PARA OBTER NINGÚN MÉRITO ,SENON PARA OS OBXECTIVOS QUE TODOS VÓS SABEDES E QUE ESTÁN NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE,A QUE SE PRESENTASE NO CERTAME.
GRAZAS A EDUBLOG POR ELEXIR O NOSO TRABALLO.
MIRADE QUE CONTENTOS ESTÁN OS PROTAGONISTAS DO NOSO BLOGUE.
AÍNDA QUE NON GAÑEMOS NADA,O FEITO DE SER ELEXIDOS COMO CANDIDATOS NOS EMOCIONA ENORMEMENTE E ESE XA É UN GRAN PREMIO PARA NÓS.
EIQUÍ TEDES O ENLACE NO QUE ESTÁ PUBLICADA,NA REDE,A NOSA CANDIDATURA.
PREMEDE NO LOGO DOS PREMIOS PARA MIRALA.
E SE CHE GOSTA O NOSO BLOGUE,PREME TAMÉN PARA FACER O TEU COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS ÓS NENOS/AS DE 5 ANOS,QUE FIXERON POSIBLE QUE A PROFE MARICRUZ E AS SÚAS FAMILIAS COLABORARAN NUN SOÑO COMÚN,UTILIZANDO ESTA FERMOSA FERRAMENTA QUE É O NOSO BLOGUE:
UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL NA CASA E NA ESCOLA.
ESTASTE ESQUECENDO DE MÍN!,PERECHO,O VOSO AMIGO.
EU TAMÉN AXUDEI MOITO Á PROFE E PICOLINDO TAMÉN.
GRAZAS A MOITAS COUSAS QUE EU FIXEN OS NENOS/AS APRENDERON A SOÑAR,IMAXINAR,APRECIAR A NATUREZA...
EU TAMÉN AXUDEI,JI,JI,JI!
TES RAZÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TUA MAXIA .
QUERÉMOSTE,PERECHO!
PARA NÓS,QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO,COMO PROXECTO DE CENTRO,
AS EMOCIÓNS...É EMOCIONANTE.

viernes, 13 de abril de 2012

A BOLA MÁXICA DOS BOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS.


O MÉRCORES, PARA NÓS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL ! PERECHO E A PROFE MARICRUZ TROUXERON UNHA BOLA MÁXICA, A BOLA  DAS BOAS EMOCIÓNS E DOS BÓS SENTIMENTOS.!
A PROFE TIVO QUE IR BUSCALA Á BOUZA,ONDE VIVE PERECHO.
AS FADAS,OS TRASNOS,OS DUENDES...E TÓDOLOS HABITANTES MÁXICOS DA BOUZA,CONCENTRARON AS SÚAS ENERXIAS POSITIVAS NESTA MARAVILLOSA BOLA.
FOI UN POUCO COMPLICADO TRAELA Á ESCOLA,PERO A PROFE CONSEGUÍUNO.
É MOI GRANDE PORQUE ESTÁ CHEA DE TODAS AS 

COUSAS BOAS DO MUNDO: LEDICIA,FELICIDADE, BONDADE, ESPERANZA, ILUSIÓN,SOLIDARIEDADE...  SÓ TES QUE POÑER AS TÚAS MÁNS SOBRE ELA, OU POÑERTE MOI PRETO DELA,DESEXAR COUSAS BOAS CON MOITA FORZA E...ZAS!!! XA ESTÁS CHEO DE TÓDOLO BO QUE DESEXACHES.  
MOITAS GRAZAS, BOLA MÁXICA, POR AXUDARNOS A SER MILLORES!

AQUÍ NOS PODEDES VER  RECIBINDO OS PODERES DA BOLA DAS BOAS EMOCIÓNS.


MOITAS GRAZAS ,PERECHO.
QUERÉMOSTE,MOITÍSIMO!!
A BOLA NON É SÓ PARA NÓS.
TÓDOLOS RAPACES DA ESCOLA  PODEN,COA SÚA PROFE,PROBAR OS PODERES DA BOLA.
DE FEITO,OS RAPACES DA PROFE ROSA EMOCIONÁRONSE MOITÍSIMO CON ELA.
PODEDES MIRALOS EN "O RECANTO DE ROLIÑA",O SEU BLOGUE.
PODEDES ACCEDER A ÉL DENDE ESTE BLOGUE E MIRAR AS SÚAS FOTOS.

miércoles, 11 de abril de 2012

GRAZAS ,LUIS.

FAMILIA FERREIRO.
O venres 30 de marzo recibimos na nosa escola a visita de Luis Ferreiro, o fillo máis vello do gran escritor Celso Emilio Ferreiro. Os rapaces do 2º e 3º ciclo puideron coñecer ,de primeira man, algunhas das anécdotas da vida deste autor celanovés, do que neste ano se celebran os 100 anos do seu nascemento. Algún dos segredos que Luis nos contou é que a data real na que naceu o seu pai foi o 4 de xaneiro, pero en todos os libros e artigos se menciona o 6 de xaneiro pois esa foi a data "oficial" na que o inscribiron no rexistro de Celanova.


A pesares de que a visita foi só para estes rapaces,Luis quixo que a profe Maricruz fixera
fotos da súa visita,poidera falar con él e lle pidira algún poema,do seu pai, que estivese
 traducido ao romanés para que os nenos/as de educación infantíl,desa nacionalidade 
poideran gozar dalgunha poesía na súa lingua natal e darlles a coñecer ao gran Celso E. Ferreiro.
Luis,moi amable e xeroso,enviou,por e-correo,un poema emblemático"Irmaus".
Eiquí tédelo en romanés e galego,para  que o gocen tódalas familias da nosa 
comunidade educativa.
Frati ,(romanés).
Merg alaturi de mine multi oameni.
Nu-i cunosc.Ími sunt stráini.
Ínsá tie, care te afli acolo departe,
dincolo de deserturi ~i lacuri,
mai incolo de savane si insule,
¡ti vorbesc ea unui frate.
Dacá noaptea mea e a ta,
dacá ochii-mi pláng ale tale lacrimi,
dacá strigátele noastre sunt egale,
ea unui frate ¡ti vorbesc.
Desi sunt distincte ale noastre cuvinte,
tu negru si eu alb,
dacá ránile asemánátoare ne sunt,
1!ivorbesc ea unui frate.
Mai presus de fontierele toate,
mai presus de muri si de ziduri,
daca visele ne sunt aceleasi,
ea unui frate iti vorbesc.
Comuna ne e patria,
Comuna lupta, amándouá.
Íti dau mana
si-ti vorbesc ea unui frate.

Traduciu Pedro Cristian Ionescu Pérez.

Irmaus (Hermanos).


Camiñan ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estranos.

Pero tí, que te alcontras alá lonxe,

máis alá dos desertos e dos lagos,

máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

SE QUERES ESCOITAR O POEMA MUSICADO POLO GRUPO "FUXAN OS VENTOS",PREME NO PLAY.
SE QUEREDES SABER COUSAS SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO,PREMEDE NA FOTO DE CELSO,CANDO ERA UN NENO COMA VÓS.

MOITAS GRAZAS,LUÍS.
CANDO OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ ESTEAN NA ED. PRIMARIA,TES QUE VIR A CONTARNOS  MOITAS COUSAS DO TEU PAPÁ.
SEGURO QUE TÍ ESTÁS MOI ORGULLOSO DO TEU PAI,PERO SEGURO QUE ÉL TAMÉN,DENDE ALÓ,ESTÁ MOI ORGULLOSO DE TÍ.
UNHA APERTA MOI FORTE DOS NENOS/AS DE 5 ANOS E DA PROFE MARICRUZ.

viernes, 6 de abril de 2012

NICO,UN ARTISTA MOI CREATIVO.

A Fundación Barrié presenta, por primeira vez en España, Type in Motion, unha exposición do Museum für Gestaltung Zürich (Museo do Deseño de Zúric) que se mostrou na súa sede de Vigo desde o 1 de decembro ata o 1 de abril de 2012. A exposición está comisariada por Andrés Janser, Conservador do Museum für Gestaltung Zürich.

Sexa na pantalla do noso computador, na televisión ou ata nas fachadas dos edificios, debido á dixitalización da vida cotiá en moitas ocasións atopámonos ante o fenómeno de texto en movemento. Esta exposición mostrou estes novos xeitos de ?ler o mundo?.
A dixitalización da vida cotiá creou unha situación na que hoxe en día vemos por todas as partes palabras, frases e ata textos completos en movemento, sexa na pantalla do computador, na televisión ou nas fachadas dos edificios. Os deseñadores utilizan todo o seu enxeño para utilizar fontes tipográficas dinámicas nunha gran variedade de dispositivos. Deste xeito amplían e modifican os distintos xeitos que temos de ler o mundo?. Reaccionamos con maior atención, obtemos unha enorme cantidade de información, moita da cal actualízase constantemente, dunha superficie de pequenas dimensións, ou nos entretemos dun xeito sorprendente. O ritmo de devanditos textos a miúdo sincronízase con música ou sons que percibimos simultaneamente.
Un sábado ,Nicolás, asistiu ao obradoiro da fundación Barrié e foi moi interesante.
A animación que fixo Nico quedou moi chula.



O programa que utilizan é o GIMP 2.6 ,pódese baixar tranquilamente porque é libre e o tutorial para poder utilizalo está nestoutro enlace


É moi sinxelo e pódense facer ,en clase e en casa,cousas moi lucidas e super curiosas.
NORABOA,NICO!
ESTÁS FEITO UN ARTISTA.

martes, 3 de abril de 2012

OS NOSOS TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA.

NOS CURSOS ANTERIORES APRENDIMOS O QUE ERA UNHA PRANTA,AS SÚAS PARTES,FUNCIÓNS...,FIXEMOS UNHA PRANTACIÓN DE LENTELLAS,MEDIMOS O SEU CREMENTO,E MOITAS COUSAS MÁIS.NESTE CURSO QUIXEMOS CENTRARNOS NA POLINIZACIÓN,OS INSECTOS QUE INTERVEÑEN,A REPRODUCCIÓN E O PASO DA FLOR Ó FROITO.
PARA OS RAPACES FOI APASIOANTE DESCUBRIR QUE UNHA FROITA FOI PRIMEIRO UNHA FLOR.
COMO XA NON TEMOS A NOSA PRECIOSA AMEXEIRA DO PATIO,PORQUE AS OBRAS DO COLE NOVO REMATARON COA SÚA VIDA...NON PODEMOS MIRAR A MIRAGRE, EN DIRECTO, COMO NOUTROS ANOS.ASÍ QUE ,A TRAVÉS DE VÍDEOS ,APRENDIMOS O PROCESO.APRENDIMOS A GRAN IMPORTANCIA DOS INSECTOS COMO A ABELLA,A BOLBORETA E AS MOSCAS NO PROCESO DE POLINIZACIÓN.
COA NOSA AMIGA,A "ABELLA MAYA", APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA.
SE QUEREDES MIRAR O CAPÍTULO FAVORITO DOS VOSOS FILLOS/AS,PREMEDE NA FOTO DE MAYA.
FIXEMOS TAMÉN ALGÚNS TRABALLIÑOS PLÁSTICOS,TANTO DE XEITO  INDIVIDUAL COMO COLECTIVOS NA NOSA AULA E NA AULA TIC.
MIRADE QUE CHULOS!.

AS DEGOSTACIÓNS DE FROITOS COMO FRESAS,LARANXAS E MANDARINAS CASEIRAS,TRAIDAS DUNHA FINCA QUE ESTÁ EN ARBO,O CARÓN DO RÍO MIÑO,E QUE NON LEVAN NINGÚN TIPO DE SUBSTANCIAS QUÍMICAS,FOI UNHA DAS EXPERIENCIS MÁIS DOCES DESTA PRIMAVERA.

TAMÉN,COMO XA SOMOS MAIORES,COLABORAMOS NO HORTO ESCOLAR DOS DE ED. PRIMARIA,PRANTANDO CALABACÍNS,LEITUGAS DAS NORMAIS E DAS RIZADAS MORADAS.HOUBO UNHA PEQUENA PRANTA PARA CADA UN DE NÓS.
PASÁMOLO FENOMENAL,SOBRETODO CANDO REGÁMOLAS,POIS QUERÍAMOS MOLLAR Á PROFE MARICRUZ,COA MANGUEIRA,PERO COMO ESTABA LONXE FACENDO AS FOTOS,NON POIDEMOS DUCHARLA,JI,JI...,RÍMONOS MOITÍSIMO.
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POLA SÚA AXUDA NESTA FERMOSÍSIMA EXPERIENCIA.
MIRADE COMO O FIXEMOS.

DURANTE ESTAS VACACIÓNS,PODEDES FACER UN CURIOSO EXPERIMENTO,COS VOSOS FILLOS/AS,NA CASA.NÓS XA O FIXEMOS CON CARAVEIS BRANCOS CANDO ESTÁBAMOS  EN TRES ANOS,E PUXÉMOLOS DE COR AZUL.
NÓS NON UTILIZAMOS ACUARELAS,SENON PIGMENTOS ALIMENTARIOS QUE SE VENDEN NAS HERBORISTERIAS,E SON INOCUOS,TANTO PARA AS PRANTAS COMO PARA OS NENOS/AS.
GOZADE DESTAS VACACIÓNS PERO...COIDADO CO SOL,QUE É UN POUCO TRAICIONEIRO NESTA ÉPOCA,CO PÓLEN OS ALÉRXICOS E A VER SE CHOVE UN POUQUIÑO POLO NOSO BEN E O DAS PRANTAS.
A AUGA É SUPERIMPORTANTE PARA TÓDOLOS SERES VIVOS.